Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CON ENCERADOS VIRTUAIS E VIDEOCONFERENCIAS

Os nenos de Vigo que non poidan ir ás clases seguiranas por internet

O Concello de Vigo vai lanzar un sistema para que os cativos que estean enfermos moito tempo reciban formación en liña.

Redacción - 17:53 14/03/2007

As clases impartiranse a través dunha nova plataforma de telensino especializado, que o municipio aínda está a desenvolver. Agárdase que poida comezar a funcionar o próximo curso.

O concello indica que os rapaces, entre seis e dezaseis anos,
comunicaranse cos mestres a través da rede e dos ordenadores. Na plataforma tamén poderán facer os deberes ou preguntar as dúbidas nun chat. Ademais, as clases poderanse seguir por videoconferencia, e as anotacións dos profesores estarán dispoñíbeis nun encerado virtual.

O sistema forma parte do programa “Vigo Dixital”, no que colaboran o Concello de Vigo, a Xunta de Galicia, o Ministerio de Industria, e a Unión Europea a través dos fondos FEDER de desenvolvemento rexional. O programa “Vigo Dixital” ten un orzamento de case 700.000 euros, segundo o Concello.


Ligazóns

1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: