Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Por insultar a Oleguer

O Barça denuncia a Salva Ballesta

O artigo La buena fe de Oleguer Presas, no que analizaba a situación do preso Iñaki De Juana Chaos, provocara o desprezo do xogador do Levante.

Redacción - 12:31 13/03/2007
O xogador do Barça Oleguer Presas

O xogador do Barça Oleguer Presas

O FC Barcelona presentou este luns unha denuncia no Comité de Competición da Federación Española de Fútbol contra o xogador do Levante Salva Ballesta. A acusación vén motivada polas súas manifestacións nas que insultaba o xogador do Barça Oleguer Presas, logo de que este escribise o artigo La buena fe, onde analizaba criticamente o caso de De Juana Chaos.

O Levante declarou que vai presentar alegacións contra a denuncia, porque considera que as ideas do seu xogador son unha cuestión extra-deportiva. O Comité de Competición decidirá este martes se sanciona ao xogador.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: