Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A Basket Cup disputarase este ano no recinto feiral de Fexdega

Unha selección galega mixta competirá con clubs de todo o mundo en Vilagarcía

“Galicia Xove” é o nome baixo o que participará unha selección sub 20 formada por mozos e mozas que militan na Acb, Leb, Eba e Liga Feminina.

Redacción - 18:00 12/03/2007
A Vilagarcía Basket Cup celebrarase do 5 ao 7 de abril

A Vilagarcía Basket Cup celebrarase do 5 ao 7 de abril

Vilagarcía acollerá a fin de semana do 5, 6 e 7 de abril a duodécima edición da súa Basket Cup. O torneo abandona o pavillón de Fontecarmona para celebrarse por primeira vez no recinto feiral de Fexdega, con capacidade para 11.000 espectadores.

Outra das novidades será a participación dunha selección galega mixta que competirá no cadro principal do torneo. Deste xeito, poderemos ver na mesma cancha aos nosos mellores xogadores e xogadores competindo contra clubs de todo o mundo.

Así, baloncestistas da Acb, Leb ou da Liga Feminina formarán un conxunto que se enfrontará a clubs como o Zalgiris Kaunas, Cibona de Zagreb, Dodan Warriors Nixeria, Real Madrid, F.C. Barcelona, Unicaja Málaga ou Dunas Gran Canaria.

Torneo de base

Ademais da pista principal de tarima, no recinto de Fexdega instalaranse dúas canchas de goma nas que se celebrará a ‘Vilagarcía Basket Cup Base, Fundación Deporte Galego’. Máis de 1.200 rapaces participarán neste campionato patrocinado pola Dirección Xeral para o Deporte.

Preto de cen equipos de toda Galiza tomarán parte deste campionato que ten como obxectivo “mellorar a convivencia e a xeración dos hábitos por riba do apartado competitivo”, segundo informou na presentación da cita o director xeral Santiago Domínguez.

“Para a Dirección Xeral os grandes eventos teñen que servir para dous obxectivos: promocionar o noso deporte e tirar da base, e no caso da Basket Cup cúmprese e por iso queremos apostar polo torneo de base”, engadiu Domínguez.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: