PP e Nós-UP, foron quen de compartir debate en Cuntis. O ex conselleiro Xesús Palmou e o independentista Mauricio Castro participaron nunha xornada sobre o proceso estatutario canda Fernando Ramos, de Esquerda Unida. Os organizadores, o colectivo local Fervedoiro, critica que PsdeG e BNG non enviaran representantes, mais tampouco o fixo a FPG e o PG.
O pasado sábado a Casa da Cultura de Cuntis albergou un debate sobre o "Proceso de Reforma Estatutaria en Galiza". Ao mesmo estaban convidados un aplo número de formacións políticas: PP, PSdeG, BNG, FPG, Nós-UP, EU e PG. Os organizadores, Fervedoiro, querían contar "cun abano o máis amplo posíbel".
Segundo o colectivo, o debate ao que acudiron numerosas persoas, transcorreu polos "vieiros da normalidade". O Fervedoiro lamenta a ausencia das formacións convidadas e sinala que socialistas e nacionalistas rexeitaron "dialogar con forzas extra parlamentares".