Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A GALEGA R OBTÉN A MELLOR VALORACIÓN ENTRE AS OFERTAS MÁIS VELOCES

A OCU denuncia as diferenzas entre a publicidade da banda larga e as prestacións reais

"As velocidades actuais son suficientes para a maioría dos usuarios, pero as expectativas que crea a publicidade son tan altas que algúns poden sentirse decepcionados". Así avalía a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) as conexións de alta velocidade ofertadas no Estado. Telefónica e Orange logran os mellores resultados entre todas as ofertas de ata un mega por segundo. Entre os servizos de maior velocidade, a operadora galega é a triunfadora.

Redacción - 17:41 01/03/2007
Tags:
Fibra óptica

Fibra óptica

"Para quen queira unha conexión máis rápida, o Mellor da Análise é R opción 4 Mbps 24 horas (custo mensual 64,90 euros), dispoñible en Galicia e que actualmente se ofrece cunha velocidade de ata 6 Mbps" sinala textualmente o número de marzo da revista Compra Maestra, editada pola OCU. Isto coloca á compañía galega á cabeza desta clasificación por cuarto ano consecutivo, segundo unha nota de prensa da operadora.

Ademais de R, a OCU asegura que "Orange ADSL Máxima velocidade20 Mb (custo mensual 50,69 euros)" é "unha opción interesante para moitos usuarios".

Conexións de ata un mega

Iso si, a OCU destaca a diferenza entre o que publicitan as empresas e o que ofrecen en realidade: "os resultados mostran que canto máis veloz é o servizo contratado, máis lonxe sitúase a media da velocidade de descarga medida polos usuarios das expectativas máximas creadas pola publicidade". Compra Maestra admite que "os usuarios de fibra óptica obtiveron resultados máis acordes co servizo contratado".

Entre os servizos de ata un mega por segundo, Telefónica é a oferta máis valorada pola OCU, seguido de Orange. Con todo, a diferenza entre os servizos non é moi significativa. E e que a organización lembra que a maioría das empresas aproba polos pelos no servizo de atención ao cliente .


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: