Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
ASEGURA QUE AS EMPRESAS SON COMPATÍBEIS CO CARGO

O alcalde de Arteixo é dono de dúas promotoras que constrúen no concello

É compatíbel ser rexedor dun municipio e á mesma vez facer nel negocios inmobiliarios? Un feito deste tipo está a provocar unha tormenta política en Arteixo. O alcalde, Manuel Pose, alega que a lei permite conciliar os dous intereses.

Redacción - 13:49 28/02/2007

O máximo mandatario de Arteixo, Manuel Pose Miñones (PP), recoñeceu este martes que é accionista de dúas empresas relacionadas coa construción que traballan no municipio: Os Bosques S.L. e Os Boques 26-28, S.L. Un día antes, o xornal La Opinión aportaba datos da vinculación de Pose con eses negocios. De todos os xeitos, o alcalde asegura que está moi tranquilo porque non hai ningún comportamento irregular.

A oposición política non pensa o mesmo. Tanto nacionalistas coma socialistas coidan que é un “escándalo” e que esta duplicidade é a todas luces “inmoral”. As empresas do alcalde promoveron a construcción de edificios no centro da vila. A concelleira socialista Pilar Souto anunciou que o seu partido está a estudar accións legais.

Arteixo é un dos municipios con máis peso da área metropolitana coruñesa. Na actualidade conta con máis de 26.000 habitantes e dende hai anos experimenta un forte bum urbanístico debido a súa proximidade á cidade herculina. Pose Miñones goberna a localidade dende 1995. Nos comicios de maio de 2003 logrou 12 concelleiros para o PP, fronte aos cinco socialistas e catro nacionalistas. Aínda así, na actualidade goberna en minoría despois dunha escisión de edís nas súas propias filas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: