Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O CAMBIO DE USO DOS TERREOS QUE FORA APROBADO EN PLENO INFRINXE O PXOM VIXENTE

A consellaría de Política Territorial pídelle ao Concello de Ferrol que suspenda as obras da Praza de España

O Concello de Ferrol terá que suspender as obras de edificación da Praza de España e revisar os acordos plenarios adoptados para o cambio de uso dos terreos afectados. A Consellería de Política Territorial considera que se está a infrinxir o Plan Xeral sobre edificación nesta praza.

Redacción - 14:34 27/02/2007

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes requiriulle ao Concello de Ferrol que pare, nun prazo máximo de tres meses, os traballos de edificación na Praza de España. A decisión chega logo de que a primeira comprobase que os acordos plenarios (do 24 de novembro do 2004 e do 16 de marzo do 2005) para o cambio de uso destes terreos infrinxen o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) vixente na cidade.Os técnicos da Dirección Xeral de Urbanismo realizaron unha inspección da zona, a raíz dunha denuncia formulada pola Federación Veciñal Roi Xordo. Os expertos comprobaron que nos terreos afectados estábase a construír un edificio de cinco plantas de altura e dous sotos.As obras estanse a executar en terreos que o PXOM de Ferrol clasifica como “solo urbano, sistema xeral viario”, polo que a edificación e o proxecto de urbanización da Praza de España incumpren as normas relativas ao seu uso. Está infracción urbanística está tipificada como “moi grave” pola Lei 9/2002, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galiza.Revisión dos acordos plenarios Ooutra banda, a Dirección Xeral de Urbanismo considera que os acordos adoptados para a aprobación das actuacións non teñen en conta o procedemento estabelecido na citada Lei, a cal unicamente permite o cambio de uso daqueles terreos que o planeamento urbanístico reserve para equipamentos públicos, e non daqueles que forman parte do sistema xeral viario, como é o caso.Para facer efectivo ese cambio de usos, o concello deberá realizar unha modificación puntual do seu PXOM (de feito, xa iniciou os trámites pertinentes), e esta deberá ser aprobada definitivamente pola consellaría.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: