Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A EMPRESA ARMADORA QUERÍA QUE SE FIXESE NUN PORTO

O arrefriamento e transvasamento da carga do 'Ostedijk' durará catro días e será en alta mar

O gabinete de crise que xestiona a situación do buque holandés decidiu que até a próxima fin de semana seguirán activas as manobras para o arrefriamento da carga do 'Ostedijk'. Para aquela altura, os técnicos consideran que será posíbel afrontar o transvasamento da carga coa axuda dun guindastre. A operación estase a realizar en alta mar, aínda que nunha zona relativamente abrigada á beira do cabo de Estaca de Bares, na marxe esquerda da ría de Viveiro.

- 10:45 22/02/2007
Tags:

Inicialmente, a intención de Fomento era que a propia empresa armadora asumise a operación, aínda que a última hora do martes, recoñecían dubidar da capacidade desta para realizar con rapidez os traballos necesarios.

Segundo explicou Pilar Tejo, directora da sociedade estatal de Salvamento Marítimo, o gabinete de crise esixiulle varios requirimentos adicionais para realizar con garantías todo o proceso, esixencias ás que a empresa aínda non respondeu. En último caso sería o propio goberno español o que poña en marcha a operación, para a que avalía que serán necesarios un mínimo de catro días de traballo.

    Anteriores:
  • O arrefriamento da carga do 'Ostedijk' non está a dar resultado
  • Salvamento Marítimo arrefriará a carga do 'Ostedijk' á altura de Estaca de Bares
  • Fomento move o 'Ostedijk' pola costa sen decisión clara sobre o que facer
  • Descártase levar a porto o ‘Ostedijk’
  • O buque holandés ‘Ostedijk’ volve pedir axuda doce horas despois de reiniciar a súa ruta
  • O ‘Ostedijk’ continúa a súa ruta logo de emanar gases tóxicos durante 20 horas
  • A fermentación da carga do 'Ostedijk' está controlada, segundo Salvamento Marítimo
  • Tentan afastar da costa coruñesa un barco que emana gases tóxicos por mor dun incendio
  • Touriño asegura que se están a tomar todas as medidas axeitadas para minimizar riscos


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: