Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
A WEB PRETENDE FACILITAR O USO E A APRENDIZAXE DA LINGUA

Política Lingüística pon na rede unha páxina con información e recursos sobre o galego

A secretaría xeral de Política Lingüística puxo na rede o espazo www.xunta.es/linguagalega/, no que se ofrecen material e información sobre a nosa lingua. Divídese en tres apartados: Política lingüística, que achega novas, lexislación, trámites e información sobre os servizos do departamento. O segundo bloque, Vivir en galego, presenta datos acerca da situación da lingua e ferramentas para facilitar e fomentar o seu uso correcto. Por último, Aprender galego recolle todas as campañas e recursos que puxo en marcha para a aprendizaxe da nosa lingua.

- 17:16 14/02/2007
Tags:


0/5 (0 votos)