Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PARTICIPARÁ NA 'NIGHT OF THE PROMS 2007' EN VALENCIA E MADRID

Rosa Cedrón cantará con Mike Oldfield

A cantante Rosa Cedrón, que fora vocalista do grupo folk Luar na Lubre, actuará na edición española da Night of the Proms 2007 xunto a Mike Oldfield, por petición expresa do artista inglés. O concerto, que mestura música clásica e moderna, desenvolve galas por todo o mundo. Cedrón actuará o 30 de marzo en Valencia e o 31 de marzo en Madrid. No evento estarán, ademais, Ana Torroja, Tears for Fears, Robert Groslot, Il Novecento, Fine Fleur, Tony Henry, John Miles e Chico & The Gypsies. Por esas mesmas datas, Rosa Cedrón anuncia o lanzamento do seu primeiro disco en solitario, que se titulará Entre dous mares.

- 09:53 12/02/2007
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: