Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS PRÓXIMOS 16 E 17 DE FEBREIRO

Galiza e Asturias cítanse para explorar novas formas de cooperación

A análise do estado das obras da autovía Transcantábrica será un tema destacado no cumio Galiza-Asturias que se celebrará en Oviedo os próximos 16 e 17 de febreiro. Os executivos galego e asturiano chegan á cita salientando o impulso económico recibido pola obra en 2007, que cifran en 165 millóns de euros. Máis pesimista é a avaliación desde o PP galego e asturiano, que vén de celebrar a súa propia xuntanza, criticando o "incumprimento" dos compromisos acadados polos respectivos gobernos no cumio de hai un ano. De xeito especial, láianse da anulación do proxecto de AVE Transcantábrico.

- 13:28 12/02/2007
Tags:

O goberno galego avanzaba esta fin de semana algúns dos temas da axenda conxunta para os días 16 e 17 de febreiro, destacando que cumio bilateral lle permitirá dar continuidade aos proxectos iniciados na xuntanza de 2006, ademais de poñer en marcha novos convenios.

De forma especial, o gabinete de Emilio Pérez Touriño destaca o conseguido no ámbito das infraestruturas. Alén da Transcatábrica, desde a Xunta refírense por exemplo ao investimento de 2,5 millóns de euros no acondicionamento de 7 km entre A Pontenova e Taramundi; o acondicionamento da LU-120 entre Vilalba e Meira e o acondicionamento da conexión entre A Fonsagrada e Santalla de Ozcos e Grandas de Salime.

Destacan tamén o avance do proxecto para incluír na Rede Natura a Ría de Ribadeo, que ademais da ría abranguerá todo o leito fluvial do río Eo. Tamén subliñan as iniciativas conxuntas en materia de pesca, con numerosos estudos comparativos de normativas, propostas de normas comúns, e colaboración en materia de vixilancia pesqueira.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: