Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CUARTO PROGRAMA XA DISPOÑÍBEL

O microespazo musical On The Rocks lembra a banda Metro

Din deles que son o elo perdido do pop galego e español do anos oitenta. O microespazo musical online On The Rocks reivindica na súa cuarta entrega o papel da banda Metro no desenvolvemento da movida nos anos oitenta. "Pop en estado puro, con letras que falaban das cousas que lles interesaban aos entonces nenos rariños da vila, mozos que pertencían á contracultura local e que lle cantaban ao desamor, ás drogas e aos pijos rivais".

- 17:01 11/02/2007
Tags:

A banda de Carballo apenas durou en escena tres anos. Deixaron un disco homónimo e hoxe mítico, que foi acompañado de dous singles, e un mini elepé gravado en Barcelona titulado ¿No es extraña?. Segundo On The Rocks, influenciaron a bandas da movida que, posteriormente, recoñecerían a súa ascendencia e que pasarían a formar parte da enciclopedia do pop español. Porén, segundo recoñecían os propios membros dos grupo, o seu erro foi "adiantarse ao seu tempo". Xa está dispoñíbel na rede as súas cancións e unha entrevista a Tasende, o seu cantante e guitarra.

On The Rocks é un microespazo musical sobre bandas alternativas dirixido por Quico Balay e presentado por Pepa Arán, unha nena de nove anos que estudia cuarto de Primaria. Até agora, teñen pasado polo programa Julián Hernández (Siniestro Total, Transportes Hernández y Sanjurjo), The Homens e Jota (Los Planetas, Grupo de Expertos Solynieve). As próximas entregas estarán protagonizadas polos músicos máis influentes do panorama independente contemporáneo, como Lori Meyers.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: