Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A DECISIÓN DEPENDE DAS DISCOGRÁFICAS

Apple avoga por suprimir a protección DRM na música dixital

O presidente da empresa informática Apple, Steve Jobs, está a negociar coas principais empresas discográficas para que deixen de vender música na rede co sistema de protección DRM. Deste xeito, podería resolver as queixas que lle expuxeron varias asociacións de consumidores europeas, preocupadas polo feito de que as cancións mercadas na tenda en liña de Apple, iTunes, non fosen compatíbeis con calquera reprodutor de música.

- 12:05 07/02/2007
Tags:

A abolición do DRM permitiralles a todos os usuarios acceder á música de calquera tenda en liña. Segundo Jobs, é a mellor solución para os consumidores e Apple está disposta a asumila de inmediato. Os analistas económicos cren que esa medida beneficiaría a empresa da mazá, que xa é líder do mercado de música dixital.

Steve Jobs dixo que, sen o DRM, Apple podería crear un sistema de descargas compatíbel con todos os reprodutores de música, incluído o Zune de Microsoft. Como esta decisión depende das discográficas, fixo un chamamento ás catro principais empresas do mundo, Universal, EMI, Sony BMG e Warner, para que comecen a vender o seu catálogo sen restricións.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: