Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
PROTECCIÓN PARA O HUMIDAL XA

O C.E.S. reinvindica a aprobación do plan de ordeamento de recursos naturais (PORN) para o Complexo Ons-O Grove

O Colectivo Ecoloxista do Salnés reivindica, con motivo da celebración do pasado Día dos Humidais, o 2 de febreiro, a aprobación definitiva do PORN (Plan de Ordenación dos Recursos Naturais) do Complexo Intermareal Umia- O Grove, así como a súa declaración como Parque Natural.

- 11:53 04/02/2007
Tags:

O Plan de Ordenación dos Recursos Naturais é un instrumento de planificación imprenscindible para determinar que actividades se poden realizar e cales non en calquera espazo protexido. O CES quere resaltar que a lei obriga a elaborar dito plan para calquera espazo protexido, e a Consellería de Medio Ambiente leva máis dunha década afirmando que a súa elaboración e aprobación son inminentes.

Aínda que este espazo protexido foi declarado hai anos Zona Húmida de Importancia Internacional (adhesión ao convenio Ramsar), e ZEPA, ou Zona de Especial Protección para as aves, así como Humidal Protexido pola propia Consellería, a súa protección e conservación non poden ser realmente eficaces sen o dito Plan de Ordenación.

Proba delo é que en todo este tempo transcorrido, dito espazo leva sufrido gran cantidade de agresións de todo tipo: vertidos sólidos e líquidos, construccións ilegais... como así se pon de manifesto nos dous estudos do estado do litoral de dito espazo que elaboraron nos anos 1999 e 2005. Esto pon de manifesto a igran necesidade da elaboración e aprobación do PORN para ter así un imstrumento normativo que faga real e efectiva a conservación do noso humidal.

O CES quere recordar tamén que os humidais atópanse entre os ecosistemas máis produtivos e complexos do planeta, xa que xogan un importante papel tanto ecolóxico como económico e social. Así, cumpren funcións tan importantes como: reserva de biodiversidade ao ser lugares onde conflúen ecosistemas terrestres e acuáticos, atractivo paisaxístico e turístico, retención de sedimentos, filtración de tóxicos, suminsitro de auga, control de inundacións...

No caso do Complexo Umia- O Grove, trátase dunha zona que ademáis de actuar como área de descanso de case 200 especies de aves migratorias, actúa como viveiro natural de inmumerables especies comerciais de moluscos, crustáceos e peixes, polo que sustenta gran parte das actividades pesqueiras e marisqueiras dunha ampla zona da Ría de Arousa.

Por iso o CES enviou un escrito esta semán á Consellería de Medio ambiente instándolles á probación do PORN para o Complexo Ons-O Grove ao longo deste ano.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: