 
 
Só Ikea, Nokia e Skype superan a Zara como marca europea máis influínte en internet. Segundo unha sondaxe realiza pola revista Brandchannel entre máis de 3.000 expertos en márketing e novas tecnoloxías, a marca de Inditex é unha das que máis impacto causan na rede. No ranquin europeo ocupa por segundo ano consecutivo o cuarto posto e supera a nomes como Adidas, h&m, BMW, Audi, Puma ou á mesma BBC. A nivel mundial, Zara ocupa a décimo cuarta posición da lista liderada por Google, aínda que descende tres postos respecto ao ano 2005.
"Que marca tivo maior impacto nas nosas vidas no 2006?" Esa era a pregunta á que tiñan que responder os 3.625 profesionais consultados pola revista Brandchannel para realizar a súa enquisa sobre a influencia das marcas en internet. O estudio, que non ten en conta o valor económico da marca nin valora se o impacto é positivo ou negativo, sitúa a Google, Apple, Youtube, Wikipedia e Starbucks como líderes do ranquin mundial por esta orde. Destaca o debut na lista de Youtube e Wikipedia, "unha sinal máis da tendencia cada vez máis importante do impacto das marcas interactivas baseadas no contido producido polos usuarios" afirma Anthony Zumprano, redactor xefe da web.
Entre as principais marcas europeas, Zara é a única estatal que se sitúa nos postos de cabeza do ranquin. Real Madrid no posto 27, Chupa Chups (42), Mercadona (46)  e F.C. Barcelona (57), son as únicas sociedades cuxos nomes aparecen entre os 65 primeiros. A marca de Inditex repite este ano no cuarto posto da clasificación, no 2004 foi oitava, no 2003 décimo segunda. Foi no 2002 debutou na lista no posto 34.
Ranquin europeo
1  IKEA 2  Skype 3  Nokia 4  Zara 5  adidas 6  H&M 7  BMW 8  Audi 9  BBC 9  Puma 11  Dove 12  Vodafone 13  al Jazeera 14  European Union 15  Innocent Drinks 16  Nestlé 17  Virgin 18  Volkswagen 19  Orange 20  Nespresso 21  Guinness 22  Louis Vuitton 23  Tesco 24  Mini 25  Ferrari
Ranquin mundial
1  Google 2  Apple 3  YouTube 4  Wikipedia 5  Starbucks 6  Nokia 7  Skype 8  IKEA 9  Coca-Cola 10  Toyota 11  Yahoo! 12  Sony 13  Samsung 14  Zara 15  Microsoft 16  BMW 17  adidas 18  Nike 19  al Jazeera 20  Motorola 21  Puma 22  McDonald’s 23  H&M 24  Volkswagen 25  Visa
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto