Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ANÁLISE NO BLOGOMILLO

Que tarecos che gustan?

Un paraugas que prognostica se vai chover ou non, un quentador de bebidas con conexión USB ao computador, lentes con mp3, camisa con ventiladores... Cabeciñas de todo o planeta andan seguido a cavilar novas innovacións tecnolóxicas coas que sorprendernos e o debate e análise destes inventos é case un xénero en si mesmo dentro da bloguesfera. Sobre os famosos gadgets, que nós rebautizamos como "tarecos", Andrés Milleiro reflexiona que en Galiza está pendente algún espazo conxunto onde falarmos deles. Na súa bitácora propón crear un blog en galego sobre tarecos. Alguén se anima?

- 10:47 26/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)