Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A ROTONDA E RINOCERONTE COLABORAN NA SAÍDA AO MERCADO DO LIBRO DE CARLOS G. MEIXIDE

'O home inédito' en papel

A novela O home inédito, de Carlos G. Meixide, publicada na rede por Ediciós da Rotonda, poderase ler en papel grazas ao acordo asinado con Rinoceronte Editora. A obra de Meixide, que xa superou as 1.500 descargas gratuítas na internet, dará un paso máis na súa difusión pública. María Yáñez, unha das impulsoras da editorial, confía en que o libro repita na súa versión impresa o éxito que tivera cando se difundiu de balde en formato dixital. Moisés Barcia, responsábel de Rinoceronte, explicou que o seu cometido na saída ao mercado de O home inédito será prestar o apoio técnico, mentres que todo o peso da edición caerá sobre A Rotonda.

- 13:56 12/01/2007
Tags:


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: