Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O TELÉFONO MÓBIL DE APPLE PRESENTADO O MARTES LEVANTA PAIXÓNS

O blogomillo amosa o seu entusiasmo polo iPhone

O novo e longamente agardado lanzamento de Apple, o iPhone, un artefacto que combina teléfono, navegador de internet, reprodutor de mp3 e a saber cantas cousas máis, está a causar sensación no blogomillo. Os blogs dos autores máis afeccionados á tecnoloxía, como Opaco, Blogue do Raul, Crónicas de Oz, Capítulo 0 e O neno Paquito ofrécennos completas revisións dun artigo que non chegará ás tendas galegas, no mellor dos casos, até finais de ano. Pero o seu deseño e características fan desexar a moitos a súa inmediata adquisición, a pesar de que o seu prezo (499 ou 599 dólares, segundo o modelo) e a limitación dalgunhas das súas prestacións esperten as críticas dalgúns blogueiros. O nivel de friquismo chegou até tales estremos que xa hai, por exemplo, un vídeo demostrativo con música de Las Grecas.

- 17:25 10/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: