Co dorsal 225, Francisco Gómez Pallas toma un ano máis a saída na competición de motor máis dura do mundo, o Dakar. Nesta, a súa quinta participación na proba, o carballés ten en mente mellorar o posto 53 acadado o ano pasado coa súa Yamaha WR 450. Ademais, nesta edición colaborará coa Fundación Dakar e repartirá roupa e medicamentos entre os nativos dos países africanos polos que pase. Acompañarao no coche de apoio 'Anibal' o mecánico e fotógrafo Kicolor, que realizará unha cobertura especial do rali para o portal Finisterrae.com.