Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VÍA XUDICIAL CONTRA O EX SECRETARIO DE DEFENSA ESTADOUNIDENSE

Denuncia en Alemaña contra Rumsfeld por torturas

Poucos días despois de dimitir, o xa ex secretario de Defensa dos Estados Unidos, Donald Rumsfeld, volve á actualidade pola posíbel apertura dunha vía xudicial contra el en Alemaña. Presuntamente, existen probas documentais de que Rumsfeld é responsábel directo da autorización da tortura a once ex presos iraquís do cárcere de Abú Ghraib e doutro cidadán de Arabia Saudí preso en Guantánamo e ao que no seu momento os EUA consideraban implicado no ataque do 11S. Por este motivo, grupos en favor dos dereitos humanos en colaboración con vinte ex presos alemáns destes cárceres, presentaron denuncia contra el na Fiscalía Federal de Alemaña, que permite iniciar procesos en casos de crime de guerra cometidos noutros países.

- 07:08 15/11/2006
Tags:


0/5 (0 votos)