Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PREMIO GALICIA DO CERTAME LICEO CASINO DE CURTAMETRAXES

Baseado en feitos que puideron ter acontecido

Esta é a curtametraxe que se fixo co Premio Galicia do Certame de Curtas Liceo Casino de Vilagarcía, que rematou esta fin de semana. X.A.Perozo Porteiro, "Ozo", dirixiu esta curta que conta a historia de dous homes que levan unha furgoneta cargada de elementos sospeitosos. É de noite e teñen présa e de súpeto, son parados por un control da garda civil.

- 12:24 23/10/2006
Tags:

Este Premio Galicia está dotado con 1.500 euros e trofeo de ouro. 600 euros e trofeo de prata correspondéronlle ao Premio Novos Realizadores, que levou a curta Botellón, de Tomás Silberman.

O premio Especial Animación foi para Perpetuum Mobile, codirixida polos alaveses Enrique García e Raquel Ajofrín. A peza viaxa ata a Florencia do século XV para relatar a historia de Leonardo Da Vinci de novo.

O vilagarcián Pablo Millán gañou con O conxuro o premio Liceo Casino, dotado con trofeo de ouro e 900 euros nunha orixinal proposta que combina ficción e animación e que conta o ritual dun pintor para ter unha fecunda xornada creativa.

Premios Mellor Audiovisual
O Certame Audiovisual Internacional Liceo Casino anunciou no transcurso da gala de entrega de premios celebrada o vernes o galardón ao Mellor Audiovisual á curta O amor ás catro da tarde, do realizador arxentino Sebastián Alfie. Con guión do seu compatriota Roberto Fontanarrosa, e co fío conductor da voz en off de Ricardo Darín, O amor ás catro da tarde describe con ironía os efectos das telenovelas nun fogar arxentino de clase alta a mediados dos anos 80. O premio ao mellor audiovisual está dotado con 2.000 euros e trofeo de ouro.

O segundo premio ao mellor audiovisual, dotado con 1.500 euros máis trofeo de prata foi para O anxo de Dorotea, de Juan Matías Loiseau. Para este debuxante de ampla traxectoria, este é o seu primeiro traballo cinematográfico. A curta, que foi valorada para o xurado como un poema visual, conta a historia de Ángel, un neno que vive nun pobo e que forma parte dunha familia marcada pola infelicidade. Ángel soña con escapar da súa casa, e de levar con el á sua avoa Dorotea.

Clases particulares, da directora Alauda Ruíz de Azua conseguiu na categoría de Mellor Audiovisual o terceiro premio, dotado con 1.000 euros e trofeo de bronce. Cun coidado guión Clases particulares conta a historia de David, que necesita aprobar Álxebra, e de Raquel, que necesita aprender as normas que rexen as relacións persoais.

O xurado
O xurado do certame estivo formado na súa totalidade por Uxía Blanco (actriz), Jorge Coira (director), Manuel Torrente (xornalista e profesor), Benjamín Rey (cámara TVG), Marcos Nine (guionista), Carmen López (presidenta do Cine Club Ádega), Xoan Mariño (Mr Misto), Álvaro Paz (presidente do Liceo Casino) e Cruz López (directora do Certame) en calidade de secretaria de actas. O xurado fixo mención especial na acta ao gran calidade das curtas seleccionadas, e en especial subliñou o alto nivel das curtametraxes arxentinas presentadas a concurso.

O xurado composto por Uxía Blanco (actriz), Manuel Torrente (xornalista e profesor) e Marcos Nine (guionista) outorgoulle o Premio Galicia á curta Baseado en feitos que puideron ter acontecido, de X.A. Perozo Porteiro.

A este xurado sumóuselle o director Jorge Coira, para resolver os premios Ao Mellor Audiovisual nas súas tres categorías.

O xurado que resolveu os Premios Novos Realizadores, Especial Animación e Liceo Casino estivo formado por Benjamín Rey (cámara TVG), Carmen López (presidenta do Cine Club Ádega), Xoan Mariño (Mr Misto), Álvaro Paz (presidente do Liceo Casino). Cruz López (directora do Certame) actuou en calidade de secretaria de actas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: