Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NA REDE A VERSIÓN 7.0 DO NAVEGADOR

Nada novo no planeta Explorer

"Queríalo máis fácil e máis seguro: escoitámoste". Velaí o anuncio de Microsoft ao tempo que presenta a última versión do seu navegador: Internet Explorer 7, descargábel de balde desde este xoves. Malia todo o poder publicitario da empresa, nada novo trae a ferramenta, longos anos desactualizada, que non ofreceran xa desde hai moito os seus rivais. Hai tempo houbera ruxerruxes sobre a posíbel renuncia de Bill Gates a manter a aplicación e na rede xa lle agoiraban hai anos próxima defunción. Lembren que é crecente a popularidade doutras opcións: Firefox gaña espazo como alternativa construída colaborativamente entre internautas de todo o mundo, e desde Noruega, Opera propón a súa propia ferramenta gratis, a miúdo un chanzo por diante en canto á innovación respecto ao resto.

- 10:35 19/10/2006
Tags:


0/5 (0 votos)