Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[CICLISMO]

Floyd Landis recorre ao Powerpoint para insistir na súa inocencia

O ciclista norteamericano Floyd Landis reapareceu esta fin de semana defendendo a súa inocencia logo da súa presunta dopaxe na última edición do Tour. O ex corredor do Phonak racha unha vez máis coa súa cultura menonita e utiliza as novas tecnoloxías para insistir na súa teoría. Desta vez válese da súa web para facer públicas as súas conclusións sobre o proceso polo cal foi acusado por ter unha taxa de testosterona máis alta da permitida. En concreto, o corredor utiliza un rudimentario documento de Powerpoint para defender a súa argumentación.

- 10:36 16/10/2006
Tags:

Primeiro foi o consumo de cervexas, máis tarde, a medicación para o problema de tiroides e logo, a teoría da "produción natural". Agora, Floyd Landis, presunto ex gañador do Tour, insiste na súa web sobre a súa inocencia e asegura que os números de identificación das mostras coas que se realizaron os análises A e B non se corresponden e que tres dos castro metabolitos que deben respaldar o positivo o negan "tendo en conta a marxe de erro".

Landis explica todo isto nun documento de Powerpoint colgado nun servidor de descargas gratuítas e enlazado na súa web. Aínda que o norteamericano afirma que o proceso estivo "cheo de erros", parece que a súa defensa segue a ser unha causa perdida xa que segundo explica a El País Richar W. Pound, presidente da Axencia Mundial Antidopaxe, "Landis tivo representantes mentres se analizaba a segunda mostra da súa orina". De momento, parece que o Tour de Pereiro non periga.


Documentos

Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: