Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
O GRUPO SUPRIME 10.000 EMPREGOS NAS PLANTAS DE EUROPA

O cadro de persoal de Citroën, pendente da futura evolución do C4 Picasso

O grupo automobilístico PSA Peugeot-Citroën anunciou este mércores a súa intención de suprimir 10.000 empregos nas súas plantas de Europa ata final de ano. Javier Riera, director da planta de Vigo, restou importancia ao comunicado asegurando que a cifra é das máis baixas en valor absoluto e en porcentaxe de persoal e que, en realidade, en tres cuartas partes xa está consumada. Aínda así, Riera confirmou que a evolución do número de empregos na factoría galega dependerá de como funcione o novo modelo de vehículo que se constrúe nas instalacións de Balaídos, o novo C4 Picasso.

- 16:35 28/09/2006
Tags:

A tendencia mundial de axustes de gastos nos grandes fabricantes de automóbiles chegou tamén ata o grupo PSA Peugeot-Citröen. O mércores, nun comunicado do presidente da compañía, Jean Martin Folz, anunciábase o plan de recortes que ten en marcha o grupo, que afectará a 10.000 empregos en Europa ata fin de ano.

O obxectivo do plan é reducir os custos do grupo en 125 millóns de euros ao ano. É por iso polo que os traballadores de PSA están pendentes de coñecer o impacto que a medida terá no cadro de persoal e nas investimentos na factoría. A redución xa se executou en tres cuartas partes a través da no renovación de contratos temporais e da no substitución das xubilacións.

Pola súa parte, Javier Riera, director da planta de Vigo, restoulle importancia ao comunicado asegurando que "a cifra é das máis baixas en valor absoluto e en porcentaxe de persoal, e que en realidade en tres cuartas partes xa está consumada".

Riera recoñeceu que o número de empregos na factoría dependerá de como funcione o novo modelo de vehículo que fabrica en Vigo, o C4 Picasso. O director insiste en que a previsión da redución de persoal na planta "afectará máis ou menos" na medida "do bos ou malos que sexamos en Vigo", e lembra que o sector automobilístico ten que acostumarse a cifras á alza e á baixa" no número de emprego.


0/5 (0 votos)