Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UN HOME SECUESTRA A SEIS RAPAZAS, MATA A UNHA DELAS E SUICÍDASE

Novo crime nun instituto dos Estados Unidos

O secuestro de seis rapazas nun aula dun instituto do estado de Colorado, en Estados Unidos, rematou en traxedia. Emily Keyes, de dezaseis anos, perdeu a vida logo de que o secuestrador disparase contra ela segundos antes de suicidarse. Logo de varias horas de negociacións, o captador, de mediana idade e que portaba unha mochila onde aseguraba ter unha bomba, cortou os contactos coas autoridades, o que obrigou a Policía a asaltar o instituto. Foi nese momento cando ocorreu o fatal desenlace. Colorado xa viviu un drama similar hai sete anos coa traxedia de Columbine.

- 08:28 28/09/2006
Tags:

Seis rapazas foron secuestradas onte no instituto Platte Canyon por un home de mediana idade que aseguraba portar unha bomba. Recluídos nun aula do segundo piso do centro, o secuestrador foi liberou a catro rapazas, unha a unha, no medio dunha tensa negociación que durou varias horas.

O captador estabeleceu entón unha hora límite para que se cumprisen as súas demandas e cortou as vías de comunicación. Foi nese momento cando os SWAT (forza de asalto estadounidense) decidiron irromper no centro. O home decidiu entón disparar a unha das dúas rapazas que aínda estaban no seu poder para posteriormente suicidarse. Emili Keyes, de dezaseis anos, morreu minutos despois nun hospital de Denver.

Segundo Lance Clem, portavoz da Oficina de Investigación de Colorado, en palabras que recolle o Denver Post, algunhas das reféns puideron ser acosadas sexualmente polo secuestrador, aínda que non está claro se foron violadas ou só acosadas.

No mesmo estado que a matanza de Columbine
O estado de Colorado xa vivira hai sete anos un drama similar. Foi o 20 de abril de 1999 cando dous mozos, de 17 e 18 anos, armados con pistolas e bombas de fabricación artesanal, mataron a 12 alumnos e un profesor do instituto de Columbine antes de suicidarse.

Hai dúas semanas, na Universidade de Dawson en Montreal (Canadá) un mozo matou a tiros a dous estudantes e feriu a outros 18.


0/5 (0 votos)