Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
EN CATALÀ, ROMPENDO MUROS E ABRINDO FRONTEIRAS

Espazo Galego no segundo acto da campaña de 'Acollida Lingüística' nas festas da Mercè de Barcelona

A Plataforma per la Llengua e unha quincena de asociacións, entre as que se atopa Espazo Galego dos Països Catalans, organizan un acto destinado a promover o catalán coma ferramenta de interacción dentro da sociedade de acollida, coma lingua común e de punto de encontro. Os actos terán lugar o día 24 de setembro a partir das 16 h do serán. Informa Espazo Galego.

- 19:20 21/09/2006
Tags:

O evento é o segundo dos actos organizados dentro da campaña de Acollida Lingüística, despois do celebrado o pasado 23 e abril, día de Sant Jordi, na praza de Catalunya de Barcelona. Neste caso, os actos terán lugar na praza de Sant Agustí e na parroquia do mesmo nome. Organizaranse varias conferencias e mesas redondas sobre a acollida lingüística e tamén actuacións musicais de diferentes grupos, entre os que destacan o espectáculo ‘Plurals’ e o fin de festa coa Batucada Brincadeira.

PROGRAMA DE ACTOS

ESPAZO EXTERIOR

· 16:00 Apertura das paradas das asociacións organizadoras

· 16:20 Presentación e benvida a cargo dos presentadores

ESPAZO INTERIOR

· 16:30 a 17:20 Mesa redonda cos representantes das entidades organizadoras: "A acollida lingüística: unha gran oportunidade para unha grande transformación". Contará con representantes das asociacións organizadoras e outras da sociedade civil. Organiza a Plataforma per la Llengua e Els Altres Andalusos.

· 17:30 a 18:20 Mesa redonda: "Existe a sociedade de acollida? Conversas sobre acollida, integración e outras nocións confusas". Contará con representantes das asociacións organizadoras. Organiza ITRAN_Associació d’amics del poble marroquí.

· 18:20- 18:35 Descanso

· 18:35 a 19:10 Palestra sobre "A Situación actual na Bolivia de Evo Morales: un novo reto". A cargo de Edwin Pérez Uberhuag, periodista boliviano e coordinador en Suíza do CEM, Centre de Estudios en Migracions. Organiza Centro Boliviano Catalán.

· 19:20 a 20:00 Palestra sobre "O primeiro aniversario dos feitos de Ceuta e Melilla". Organiza Associació Catalana de Residents Senegalesos.

· 20:10 a 20:40 Palestra sobre a "Barcelona tangueira e a presenza de Carlos Gardel na capital catalá". Organiza Casal Argentí de Barcelona.

· 20:50 a 21:15 Presentación na cidade de Barcelona da Federació de Col·lectius d’Immigrants de Catalunya. A cargo dos seus representantes.

ESPAZO EXTERIOR

· 20:30 a 20:45 Presentación, benvida e lectura do manifesto EN CATALÀ, TRENQUEM MURS I OBRIM FRONTERES. A cargo dos representantes das asociacións organizadoras.

· 20:45 a 21:10 Actuación da Coral da Orquesta de Cámara Iberoamericana. Dir. Pablo González.

· 21:15 a 21:40 Espectáculo de Acuarela boliviana. Dos Andes á Amazonia. A cargo do grupo de baile Tinkuna.

· 21:40 a 22:00 EMILAV Música da India e do Paquistán.

· 22:05 a 22:05 Poesia senegalesa musicada. A cargo da Associació Catalana de Residents Senegalesos.

· 22:30 a 22:50 Actuación do Grupo Vocal GUATACA

· 22:55h a 23:20 ASANF Concert de música amaziga. Organita Cornellà sense fronteres e Membre d’Agraw Amazic N Katalunya

· 23:25 23:40 Actuación de Quico Pi de la Serra e Munir Hossn, PLURALS!

· 23’45 a 00:15 Fin de festa coa Batucada Brincadeira.

Manifesto: ‘En català, rompendo muros e abrindo fronteiras’

Hoxe día de San Xurxo do 2006 as nosas asociacións, ás que lexitimamente representamos, queremos compartir co resto da cidadanía catalá as nosas reflexións ao redor da lingua e da condición que todas as nosas asociacións compartimos: a de ser tratados coma "inmigrantes" ou estranxeiros na sociedade catalá, a nosa sociedade.

Co uso da lingua xa estamos rompendo muros. O uso do catalán permite unha aproximación real entre os cidadáns de Catalunya. Entre os que chegaron primeiro e os que chegaron despois. Usando a lingua ninguén che pregunta de onde es. É co uso do catalán que un é recoñecido coma propio do lugar. Se usamos o catalán estamos considerando que os nosos interlocutores e nós mesmos nos achegamos, nin que sexa simbolicamente, ao rango de cidadáns.

A defensa do catalán é a defensa de todas as nosas linguas propias do lugar onde se vive. E que cando alguén visite os nosos países de procedencia se sensibilice e se preocupe por estas linguas que, coma o catalán, teñen estado e están minorizadas.

Falando catalán expresamos que queremos vivir nesta sociedade. Expresamos que nos importan os problemas da sociedade na que vivimos, a sociedade catalá, a nosa sociedade.

Nesta sociedade podemos vivir en tódalas nosas linguas, e a lingua común, aquela que nos une, é o catalán. Na Catalunya vivimos en chinés, wolof, urdú, quechua, galego, francés, castelán, arabe ou amazig, e o idioma co que todos e todas participamos na construción deste país é o catalán.

O catalán é condición necesaria para acceder á cidadanía pero non é suficente, tamén son indispensables novos dereitos sociais e políticos. A lingua é o mellor vehículo para facer comunidade máis alá da comunidade lingüística. O uso da lingua é a mellor forma e a máis doada de implicarse na sociedade civil catalá e de construír a mellor sociedade e a máis xusta para todos.

A lingua é unha ferramenta de aproximación e non un instrumento de confrontación. Só se é ofrecida coma tal serviranos para romper muros, para desfacer fronteiras. Ningunha persoa individualmente é a culpable da situación insatisfactoria da nosa lingua.

Estamos convencidos e convencidas de que a forza deste país e do catalán é a xente que falamos a lingua, que poboamos o país e que traballamos nel. Os que vimos doutros lugares do mundo, onde se sofren imposicións coma as que sufriu e sofre este pobo, continuaremos construíndo Catalunya e faremos todo o que estea nas nosas mans e nas das institucións catalás para romper tódolos muros e abrir tódalas fronteiras.

---

Plataforma per la Llengua
Campaña de Acollida Lingüística
24 de setembro a partir das 16 h
Praza Sant Agustí de Barcelona
Metro 'Liceo', Liña 3


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: