Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
AEROLÍNEA DE BAIXO CUSTO

Vueling inaugura as súas rutas a París e Madrid desde Santiago

A compañía aérea de baixo custo Vueling inaugura este luns os seus voos a París e Madrid desde o aeroporto compostelán de Lavacolla. Turismo de Santiago e a aerolínea española celebrarán a apertura das rutas cun concerto de gaitas para recibir os primeiros viaxeiros do voo procedente da capital francesa. Os pasaxeiros, que poderán tamén degustar a torta de Santiago, serán recibidos polo director de operacións de Vueling, o director do aeroporto e o xerente de Turismo de Santiago. Os billetes máis económicos permitirán realizar o ida e volta a París por 150 euros e a Madrid por 70. A compañía xa viña ofrecendo voos a Barcelona desde a terminal compostelá.

- 15:02 18/09/2006
Tags:

Os pasaxeiros do primeiro voo entre París e a capital galega serán recibidos este luns ás 13.30 horas en Lavacolla cun concerto de gaitas e cunha degustación de torta de Santiago. Deste xeito a compañía de baixo custo Vueling da por inauguradas as novas rutas entre o aeroporto santiagués e París e Madrid.

Os primeiros usuarios da liña será recibidos polo director de operacións de Vueling, Eugenio Ángel Díaz; o director do aeroporto de Lavacolla, Xoán Xosé Maceira; e o xerente de Turismo de Santiago, Iñaki Gaztelumendi, que tamén despedirán os pasaxeiros do voo con destina a Madrid que xa opera desde o pasado xoves.

A aerolínea española oferta billetes a Madrid desde cinco euros e a París desde vinte. Sumándolle as taxas, a emisión e o gasto de carburante os prezos máis económicos estabeleceranse en torno aos 70 euros para o voo peninsular e 150 para o internacional.

Vueling é unha compañía de baixo custo de capital estatal. Opera principalmente nos aeroportos do sur de Europa. A súa política de prezos económicos ciméntase en tres aspectos: venda por internet e centro de atención telefónica, avións novos con menos gasto de combustible e en que as tripulacións pasan a noite nas súas casas, o que lles permite ter unha produtividade elevada e poucos gastos de viaxe. A compañía xa operaba no aeroporto galego co seu voo a Barcelona.


Ligazóns

0/5 (0 votos)