Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INTEGRANTE DA OPERACIÓN QUE ASASINOU EN LONDRES AO MOZO BRASILEIRO

Ás portas do xuízo ascenden a unha axente implicada na morte de Menezes

En poucos días rematará a prórroga solicitada pola policía metropolitana de Londres para preparar mellor a súa defensa fronte ás acusacións e as probas en contra despois do asasinato en xullo de 2005 do mozo brasileiro Jean Charles de Menezes. Lembrámoslles que poucos días despois dunha vaga de atentados, Menezes, que ía sentado no metro, foi presuntamente confundido cun terrorista e axentes policiais descargaron varios disparos sobre el mesmo antes de proceder a identificalo. Agora, e antes de que o próximo martes comece o xuízo contra Scotland Yard, a prensa británica revela que a comandante Cressida Dick, unha das implicadas na operación, vai ser ascendida a subcomisaria. Anteriores:

  • O goberno brasileiro critica que non haxa castigo para os implicados na morte de Menezes
  • Denuncian que a policía inglesa usou armas ilegais no asasinato do electricista brasileiro

- 06:09 13/09/2006
Tags:


0/5 (0 votos)