Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
NO 'GRAN TEATRE DEL LICEU' DE BARCELONA

Carlos Núñez no concerto da 'Noite da Solidariedade' de Intermón Oxfam

Intermón Oxfam organiza o concerto benéfico a 'Noite da Solidariedade' dentro dos actos conmemorativos do seu 50 Aniversario. A cita no Gran Teatre del Liceu de Barcelona contará coas actuacións de Carlos Núñez, Rafael Amargo, Miguel Poveda, Mayte Martín e Mónica Green, o vindeiro 11 de setembro.

- 18:25 03/09/2006
Tags:

Alén do concerto benéfico no Liceu, a ONG Intermón Oxfam celebra os 50 anos da súa andaina na cooperación internacional con diversas actividades, como os actos d'O día para esperanza, que se realizara no mes de maio, e a exposición itinerante As caras da solidariedade, que ten previsto percorrer diferentes localidades do estado e que amosa a evolución da entidade e o seu modelo de cooperación da man do programa A Nicaragua posíbel.

O espectáculo de Noite da Solidariedade no que participan Carlos Núñez, Rafael Amargo, Miguel Poveda, Mayte Martín e Mónica Green, espera contar con participación de coñecidas personalidades catalás, como María Molins, actriz da serie televisiva do canal autonómico El cor de la ciutat.

Os beneficios do evento serán destinados ao investimento de proxectos de desenvolvemento, dos que a ONG subliña o programa A Nicaragua posíbel, que dá apoio a 21 organizacións locais do país centroamericano e que beneficiará a máis de 15.000 familias de ingresos baixos.

Noite da Solidariedade
INTERMON OXFAM
Gran Teatre del Liceu
La Rambla, 51-59
Luns, 11 de setembro, 20.30 h
Entrada xeral: 3 a 60 euros
Venda de entradas en Servicaixa e no tel. 902332211


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: