"Suxírolles a todos ser optimistas e á vez, estar sempre listos para enfrontar calquera noticia adversa". Así di a mensaxe de Fidel Castro, feita pública coincidindo co seu 80 aniversario. Acompañada de catro fotos, agradécelle "ao pobo de Cuba", o seu apoio e afirma que "o país marcha e seguirá marchando perfectamente ben". "Aos meus compañeiros de loita, eterna gloria por resistir e vencer o imperio, amosando que un mundo mellor é posíbel". E non foi até esta mesma fin de semana que aproveitou tamén o seu sucesor na xefatura do país, Raúl Castro, para aparecer en público despois da súa toma temporal do poder, indo a recibir ao aeroporto da Habana ao presidente de Venezuela, Hugo Chávez. No diario Juventud Rebelde poden ver o comunicado de Fidel Castro e as fotografías. No xornal Granma poden ver novas imaxes de Castro á beira do presidente venezuelano, Hugo Chávez. Máis información en Vieiros Venezuela.