Pontevedra-Celta, Negreira-Rácing de Ferrol e Lugo-Deportivo serán os primeiros partidos da Copa Xunta de clubs de fútbol. Trátase da primeira edición dun torneo no que participarán os mellores equipos do fútbol galego: Deportivo, Celta, Pontevedra, Lugo, Ourense, Rácing de Ferrol, Negreira e Celta B. Así, e desde este domingo seis de agosto, estes conxuntos loitarán por facerse con este título que nace coa intención de ser o novo punto de referencia da pretempada futbolística en Galiza.
A Copa Xunta de clubs de fútbol é unha iniciativa da Dirección Xeral para o Deporte coa que se pretende dar un novo pulo ao fútbol feito en Galiza. Na competición participarán os clubs de Primeira e Segunda B. Completa o cadro do torneo o Negreira como equipo convidado. Seguindo un criterio de proximidade, establecéronse dous grupos para a primeira fase, que se disputará ao longo do mes de agosto, polo sistema de liguiña a un só partido en cada grupo, e do que resultarán os dous equipos que pasan á seguinte fase.
Grupo A
Real Club Deportivo de A Coruña
Rácing Club de Ferrol
Sociedade Deportiva Negreira
Club Deportivo Lugo
Grupo B
Real Club Celta de Vigo
Club Deportivo Ourense
Pontevedra Club de Fútbol
Real Club Celta de Vigo "B"
Calendario
Domingo, 6 de agosto: