Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MENTRES, A SGAE DENUNCIA HOSTALEIROS AMPARADA NA MESMA LEI

Conseguidas máis de medio millón de sinaturas contra o canon que impón a LPI

A Plataforma Todos Contra o Canon leva conseguidas máis de medio millón de sinaturas respaldando a iniciativa de impugnar a recén aprobada Lei de Propiedade Intelectual (LPI). Tal operación xurídica pódese levar a cabo por medio do Defensor do Pobo, co apoio de 50 deputados, ou con 500.000 sinaturas recollidas. Así, con esta cifra superada, membros da Plataforma contan reunírense de cara a setembro con representantes dos ministerios de Industria e de Cultura para negociar a supresión do canon dixital.

- 11:27 26/07/2006
Tags:

Aínda que se conseguiran as necesarias por lei para abrir un proceso de impugnación da LPI, a recolla de sinaturas permanece aberta na web da Plataforma.

Todos Contra o Canon defende a loita contra o canon dixital amparándose na inxustiza que este supón. Este obriga a todos os consumidores a pagar unha porcentaxe a maiores do prezo do producto ás entidades xestoras de dereitos de autor en concepto de 'imposto' polo seu posíbel uso para facer copias privadas, sen ter en conta que un soporte virxe pode ser empregado para calquera outra gravación, da que o autor sexa o propio consumidor.

A SGAE vai por libre
Mentres por unha banda se tratan concretar os detalles técnicos da LPI e pola outra se pretende impugnala, a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) comezou esta fin de semana a aproveitar os privilexios que a lei lle outorga, poñendo en práctica unha experiencia piloto de 'redada' polos establecementos hostaleiros de Valladolid perseguindo o uso de copias pirata nos bares. Pronto pensan estendela a outras cidades.

O control realízano membros da SGAE que visitan os diferentes establecementos reparando en que tipo de CDs se usan en cada bar. Se atopan algún no que se usen copias piratas acoden ao xulgado a presentar unha denuncia. Con isto forzan a intervención da policía, que esta fin de semana entrou en varios bares de Valladolid incautando moreas de discos piratas e detendo aos responsábeis dos locais en pleno horario de traballo, de madrugada. Interviñéronse 779 CDs presuntamente ilegais.

Anteriores:

  • 'Todos Contra o Canon' vai impugnar a Lei de Propiedade Intelectual
  • "Todos contra o canon": internet coma oportunidade e non como ameaza
  • O Congreso autoriza o canon dixital


  • 0/5 (0 votos)