Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Dimiten sete responsables de Atención Primaria

Boa parte dos responsables médicos e de enfermería dos centros de saúde de Atención Primaria de A Coruña dimitiron en bloque como medida de presión para frea-la reforma das urxencias extrahospitalarias

- 17:44 12/03/1999
Tags:

O seu xuizo, a implantación dos Puntos de Atención Continuada (PAC), cuias guardias correrían ó cargo de persoal de Primaria, perxudicará seriamente a asistencia sanitaria e non mellorará a actual atención de urxencias, prestada por equipos específicos.
Ademáis dos xefes de servicio e coordinadores de enfermería dos centros de saúde do Ventorrillo, Elviña-Mesoiro, San Xosé (3º andar e responsable de enfermería do 2º), Adormideras e Federico Tapia, tamén dimitiron os encargados das unidades de tarde do ambulatorio San Xosé e a Casa do Mar.
Dos dez servicios de Atención Primaria existentes na cidade, só Labañou, Monte das Moas-Castrillón e Abente y Lago quedaron á marxe das protestas.
Luis Verde, xerente de Primaria na área coruñesa, minimizou o impacto das dimisións porque "estou seguro de que se abrirá unha vía de negociación. Non vou cursar ningunha dimisión porque considero que se trata dunha medida de presión, totalmente lexítima, dos profesionais, que se comprometeron a desenrola-la actividade normal dos centros".
Roberto Catoira.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: