Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAMPAÑA EN FAVOR DE SAN MARTIÑO DE MONDOÑEDO

Máis posíbeis candidatos para o Patrimonio da Humanidade

Cando se están a dirimir as candidaturas galegas para o Patrimonio da Humanidade entre o Camiño Primitivo, o Ferrol da Ilustración e a Torre de Hércules, pola rede circulan novas iniciativas para que outras pezas do noso patrimonio consigan este mesmo título. É o caso da catedral de San Martiño de Mondoñedo, en Foz, primeira sede espiscopal da diócese de Mondoñedo, nos tempos do bispo San Rosendo. Precisamente no 2007 celébrase o XI centenario de San Rosendo, e o Concello de Foz ten aberta unha campaña de sinaturas na rede para apoiar a candidatura desta igrexa para que sexa declarada Patrimonio da Humanidade nas vindeiras quendas.

- 11:47 12/07/2006
Tags:

Polo momento o Camiño Primitivo parece que é o que ten máis probabilidades, aínda así os lectores de Vieiros manifestaron a súa preferencia pola Torre de Hércules con case a metade dos votos na nosa enquisa. Na desta semana preguntamos pola vosa opinión acerca das concesións das licenzas de TDT Local.

  • Opina no foro do Patrimonio Cultural


0/5 (0 votos)