Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEIS DE CADA DEZ APOIAN A "IDEA" DE CONSTITUCIÓN EUROPEA

Os cidadáns sobre a Euroconstitución: Ou que a revisen ou que a desboten

Independentemente das ideas concretas sobre o que deba ser e a orientación que poida ter o documento, un 61% dos europeos amósanse favorábeis á idea de establecer unha Constitución Europea, iniciativa que rexeita un 22%. Esa aposta por un texto é maioritaria tamén en países como Francia e Holanda, onde en referendo os cidadáns frearon a proposta actual. Xa que logo, a nivel da UE, un 47% apoiarían a renegociación do texto e só un 13% opinan que este debera ser descartado ao completo. O Eurobarómetro destaca tamén que sobe o número de persoas contrarias a que a Unión Europea continúe o seu proceso de ampliación, unha oposición media do 41%, fronte a un 45% que están a favor, e que é moito maior nos países da antiga UE15, onde chega ao 66%. Por outra parte, sinálase a diminución da "confianza" e a "imaxe positiva" dos cidadáns turcos respecto á UE, indicadores que caeron ao 43 e 35% segundo a última enquisa.

  • Finlandia colle o temón europeo coa meta de relanzar os grandes debates
  • Estonia ratifica a Constitución Europea no Día de Europa
  • Unha sondaxe di que os europeos prefiren a Ucraína e Rusia coma socios por diante de Turquía
  • No escáner de Vieiros: A Europa que queremos

- 07:58 11/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)