Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O EXECUTIVO BUSCA ALTERNATIVAS PARA ESE PROXECTO EMPRESARIAL

Adega asegura que Medio Ambiente se comprometeu a bloquear a piscifactoría de Corrubedo

A iniciativa de Stolt Sea Farm para o contorno de Corrubedo proxectaba unha piscifactoría adicada á cría de linguado que se convertiría nunha das máis grandes de Europa. Malia non estar incluído na Rede Natura, a súa proximidade ao ecosistema costeiro de Corrubedo recomendaría unha atención especial e desde o executivo xa se anunciou o inicio dos contactos coa empresa norueguesa para buscarlle outro emprazamento. Desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Adega, destacan que o conselleiro de Medio Ambiente prometera durante a xuntanza do do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel que se respectaría a petición dos veciños e os ecoloxistas para a protección da zona. Á beira, o executivo comprométese a "incorporar esta área á Rede Galega de Espazos Protexidos".

  • Anteriores: Corrubedo cabo verde/salvemos o cabo
  • Verdegaia considera decepcionante a reforma do Consello Galego de Medio Ambiente

- 06:59 11/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)