Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
A FEG PRESENTA ANTE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE UNHA PROPOSTA DE AMPLIACIÓN.

Luxemburgo xulga hoxe a España pola falta de Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPAS)

Dentro do Estado Español, Galicia é o territorio que menos aporta a esta rede de Espazos, para a conservación das aves, se temos en conta que o noso territorio é unhas das principais zonas de paso na súa migración.

- 11:51 23/06/2006
Tags:

As poboacións de aves do territorio europeo constitúen un patrimonio natural común que non coñece as fronteiras políticas. Por iso, os esforzos para a súa conservación só teñen sentido nun marco internacional. A Directiva Aves aprobada polos Estados da Unión Europea en 1979, fai agora 26 anos, foi a primeira norma europea dedicada á conservación das aves.

A Directiva Aves, de obrigado cumprimento en todos os Estados membros da Unión Europea, reclama a necesidade de conservar e xestionar adecuadamente as poboacións de aves silvestres. Para iso estableceu a rede de ZEPA, un instrumento para protexer as 181 especies de aves consideradas máis ameazadas en Europa e, especialmente, as aves migratorias

Nun principio eran oito comunidades autónomas as que non contaban cun número suficiente de ZEPA (Galicia, Cataluña, Canarias, Estremadura, Castilla-A Mancha, Baleares, Andalucía e Valencia ), pero no último momento quedou fose Estremadura pois a Comisión dá por boa unha metodoloxía propia desta comunidade autónoma para a designación de ZEPA.

A Comisión das Comunidades Europeas baseouse en catro puntos para realizar a vista oral contra España:
-Consideracións xerais e valor do inventario de IBAs (Important Bird Areas) de SEO/BirdLife realizado en 1998
-Territorios non clasificados como ZEPA
-Territorios clasificados parcialmente ou de xeito incorrecta como ZEPA
-Criterios e datos do inventario

Galicia tan só conta co 2,42 % do seu territorio baixo esta figura de protección ZEPA, situándose moi lonxe da media nacional que é dun 16,59 % , e cando existen 8 Comunidades Autónomas que superan o 20%.

Consideramos que dentro do territorio galego, e tendo en conta a existencia de numerosas referencias científicas e estudios relacionados coa ocupación territorial de poboacións de aves e o seu status, contamos con unidades territoriais destacables para a ornitofauna, as cales están mal representadas dentro das ZEPA galegas, sendo ademais varias as poboacións de aves que se atopan nun estado de ameaza crítico e para as que urxe adoitar medidas de protección e recuperación dos hábitats que ocupan.

A Federación Ecoloxista Galega ven de presentar ante a Xunta de Galicia, unha proposta de mínimos para a ampliación da rede de zonas ZEPA para Galicia, e reparar este déficit no noso territorio. Con esta proposta ampliaríanse 287.099 ha. que se incluirían ás 71.579 ha. da proposta actual da Administración sumando así 358.678 ha.

Os espazos propostos a incluir son: Costa da Morte Sur, Caldebarcos-Carnota- Louro, Esteiro do Tambre, Costa Xuño-Basoñas-Corrubedo-Mar de Sálvora (A incluir na ZEPA de Corrubedo), Esteiro do Ulla (Fondo Ría Arousa), Enseada de San Simón, A Limia-Baltar-Veiga Ponteliñares, Terra Cha-Terras Alto do Miño, Macizo Central, Macizo Trevinca, Courel, (ampliación da ZEPA dos Ancares, Ribeira Sacra-Canón do Sil e Ribeira Sacra do Miño (Peares-Lugo) e Montes do Páramo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: