Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SATURNINO M. NAVARRO

A Regueifa restaura e edita a gravación máis antiga dun solista cantando en galego

A Regueifa Plataforma inaugura a súa sección dedicada á arqueoloxía musical galega coa restauración e edición da que posibelmente sexa a primeira gravación da historia dun solista cantando en galego. Foi nos anos 1910 e 1913, e en Bos Aires, cando Saturnino M. Navarro gravou e publicou dous discos co selo Polyphon nos que se atopaban dúas pezas en galego. Case un século despois, a Regueifa ofrece restaurado e dixitalizado este documento sonoro da nosa historia musical e fonográfica.

- 08:40 21/06/2006
Tags:

Saturnino M. Navarro incluíu nos seus discos dúas pezas galegas: Alborada Gallega, unha composición de Pascual Veiga sobre un texto de Francisco María de la Iglesia e Os meus amores, unha composición de Xosé Baldomir sobre un texto de Salvador Golpe.

Aínda que a primeira gravación galega a realizara o Coro Aires d´a Terra na Coruña no 1904, a aparición destes dous discos, procedentes dun anticuario de Alemaña que os trouxera de Uruguai, amosa que foi na diáspora arxentina apenas un lustro máis tarde, onde por primeira vez un solista rexistrou a súa voz cantando en galego. Agora, case un século despois, a Regueifa Plataforma ofrece, restauradas e dixitalizadas, estas gravacións que xa son parte da nosa historia musical e fonográfica.


Ligazóns

5/5 (1 votos)