A mansión dos Pampín de Miguelanxo Prado acadou dous premios na edición do ano pasado ao mellor guión e ao mellor autor, por iso se lle dedica este ano unha das exposicións principais da feira. Prado, todo un clásico da BD, é un dos autores convidados deste ano. O sábado participa nunha mesa redonda e o domingo asina os seus álbums. Tamén recuncan nesta edición, con stand propio, o fanzine BD Banda e mais o seu director, o prolífico Kiko da Silva.
Entre as novidades desta edición cómpre salientar un espazo especial dedicado á banda deseñada nas diferentes comunidades autónomas. Este ano a comunidade convidada é Madrid. Como xa informou Vieiros Barcelona, o Saló Internacional del Còmic de Barcelona ofrece ademais exposicións sobre o cómic na guerra civil, o Capitán Trueno e o ilustrador Luis Royo. Podes consultar aquí o programa do 24è Saló del Còmic de Barcelona que inclúe encontros con importantes autores de BD de todo o mundo, sinaturas, obradoiros e presentacións de novidades. Vieiros Barcelona salienta algunhas.
Do 8 ao 11 de xuño
Exposición Una ironía especulativa de Miguelanxo Prado
Xoves 8 de xuño ás 18:00
Mesa redonda La política dentro de la viñeta con Juan Fernando López Aguilar (ministro de Xustiza), José Luís Martín (autor e editor de cómic), René Pétillon (autor de cómic), Toni Battlori (humorista gráfico) e Luis Conde (historiador de humor gráfico). Modera: Vicent Sanchís (xornalista)
Sábado 10 de xuño ás 18:00
Mesa redonda Cómics continentales y trasatlánticos con Dave Gibbons (autor de cómic), Jacques Loustal (autor de cómic e ilustrador), Miguelanxo Prado (autor de cómic e ilustrador) e Rubén Pellejero (autor de cómic). Modera: Toni Guiral (guionista e historiador de cómic)
Domingo 11 de xuño de 2006 ás 10:30 a 12:00
Asina Miguelanxo Prado por Norma Editorial.
24è Saló del Còmic de Barcelona
Do 8 ao 11 de xuño de 2006
Fira de Barcelona, Palau 2 –Montjuïc | Barcelona