Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
PLENO NA DEPUTACIÓN DE LUGO PARA DEBATER AS IRREGULARIDADES

Cacharro di que lle teñen "sen coidado" as relacións entre os que optaban ás adxudicacións

Á defensiva e sen ánimo de facilitar o debate, o presidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro, afrontou este luns o debate do pleno da Deputación de Lugo, onde comentou polo miúdo o proceso de adxudicación que segundo explicou usan outras institucións e "non o inventamos nós". Desde o BNG lémbranlle que funcionarios do organismo provincial ofrecéranse para facer os traballos por sentírense infrautilizados, aínda que o xefe de Vías e Obras prefería entregarlle os proxectos á empresa propiedade da súa muller. Mentres, o PPdeG teima en ver implicacións políticas na investigación da fiscalía.

- 07:04 30/05/2006
Tags:

"E a min que me importa?", así resolveu Francisco Cacharro Pardo este luns as alusións ao vencello que tiñan entre si os diferentes candidatos ás adxudicacións de obras do departamento de Vías e Obras que son analizadas pola fiscalía. Lembrámoslles que na práctica, esas persoas estaban vencelladas todas elas á mesma empresa.

Indicou Cacharro: "iso ténme sen coidado porque nunca tiveron relación profesional ou laboral coa deputación". O presidente da deputación afirmou isto rexeitando valorar o vencello familiar entre os funcionarios de Vías e Obras e as empresas adxudicatarias. Ao tempo, insinuou que diferentes persoas puideron ser "espíadas" durante esta investigación, aínda que evitou dar máis datos sobre a acusación desa presunta vixilancia ilegal.

Por outro lado, o vicepresidente do PPdeG e malia continuar negando que o PP teña calquera vencello con este proceso xudicial, insistiu en ver a presunta man do PSdeG co obxetivo de "usar electoralmente" a situación. Barreiro dixo agardar que o proceso avance rápido e se resolva antes de que aos lugueses lles toque ir ás urnas en 2007. Mentres, o presidente dos populares galegos, Alberte Núñez Feijoo, insistía en facerse eco da suposta reunión do secretario de organización do PSOE, Xosé Blanco, co fiscal do caso, Jesús Izaguirre, información xa desmentida polo PSOE, ao tempo que criticaba actuacións anteriores do mesmo fiscal e o acusaba de "escesos escénicos". Con todo, indicaba que o PPdeG "non vai amparar irregularidades" e que do que diga a xustiza se derivará que "haxa responsabilidades políticas ou non". Desde o PSOE repróchanlle aos populares que utilicen un falso ruxerruxe desa xuntanza, atribuído a un blogueiro coruñés relacionado co PP, para desviar a opinión neste momento.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: