Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
ACAPAROU OS MEDIOS ANTES, DURANTE E DESPOIS DA SÚA VISITA

Chávez acapara os medios de comunicación británicos

Moito antes da súa chegada a Londres o presidente Hugo Chávez xa lograra presenza nos medios de comunicación británicos.Prometeu crear un programa de fornecemento de combustíbel para as comunidades pobres de Londres.
The Daily Telegraph,
The Times, The Independient, Financial Times e The Guardian fixeron da noticia un fito ou ben un comentario intrascendente.

- 17:01 15/05/2006
Tags:

Durante un encontro nun centro comunitario da urbe londinense, advertiu a Estados Unidos das consecuencias de atacar a Irán, falou sobre a vida de Francisco de Miranda (procer da independencia venezolana) e mencionou ademais os programas sociais que financia o seu goberno en Venezuela.

Chávez prometeu crear un programa de fornecemento de combustíbel para as comunidades pobres de Londres.

THE GUARDIAN

The Guardian dedicalle a súa terceira páxina completa ao presidente venezolano co título: "A revolución está no ar de Camden mentres que Chávez -co seu amigo Ken- recibe unha benvida de heroe".

O comezo do artigo escrito por dous xornalistas deste xornal, resume todo o seu contido: "foi chamado terrorista por Washington, pero por tres horas e media onte en Londres non fixo nada malo".

"A audiencia composta por figuras da esquerda británica e inmigrantes latinoamericanos adorouno, aplaudiuno, cantou e riu das denuncias do presidente venezolano sobre Bush e o capitalismo, e das súas gabanzas a Ken Livingstone (alcalde de Londres) e ao Papa", agregou.

The Guardian inclúe nas súas páxinas interiores un artigo de opinión do propio Livingstone, quen asegura que "Chávez e Venezuela merécense todo o apoio daqueles que cren na xustiza social e a democracia".

"Por anos a xente pediu que o progreso social e a democracia vaian da man e iso é exactamente o que sucede en Venezuela", agregou.

FINANCIAL TIMES

Este xornal conservador, considerado unha das principais voces da comunidade financeira internacional, dálle a foto destacada de primeira páxina a Chávez e a súa advertencia de que o petróleo pode chegar a US$100 de producirse un ataque a Irán.

Ademais reflectiu as palabras do presidente venezolano quen sinalou que "a clase media inglesa deberá deixar de utilizar os seus vehículos" se EUA ataca Irán.

O artigo continúa na segunda páxina, tamén con foto destacada de Chávez e Livingstone, para indicar que a visita non incluirá contacto algún co goberno británico e fai un reconto do malestar de Chávez con Tony Blair.

Un dos columnistas do FINANCIAL TIMES, en páxinas interiores, escribiu un artigo titulado "Porqué tennos que importar Chávez e as súas políticas".

"Malia á súa retórica latinoamericana explosiva, que os anglo saxóns axiña desestiman, os sinamentos de Chávez son cousa seria: ofrece a idea de que a democracia liberal non é o vehículo apropiado, ou até o inimigo, da reforma social", escribe o columnista David Lehmann.

"En Venezuela o seu estilo (...) é gobernar como un caudillo mediante a proclamación de metas pouco factíbeis como na redución de pobreza e construción de vivendas. Ademais hai dúbidas da integridad das cifras oficiais venezolanas que xeran dúbidas sobre presuntos éxitos como a baixa do desemprego", agregou o artigo.

THE INDEPENDENT

O outro xornal liberal de publicación masiva no Reino Unido tamén lle dedicou a súa terceira páxina completa á visita e o seu encontro deste domingo.

O título é elocuente: "Aristócratas de esquerda saen a recibir ao seu heroe Chávez".

"Foi descrito como un campión dos pobres contra os ricos corruptos e os seus patrocinantes estadounidenses; outros o ven como un perigoso demagogo que subsidia réximes totalitarios cos seus pozos petroleiros. Pero onte en Londres non había dúbida do que pensaban as centos de persoas que se presentaron a velo", comeza o artigo.

E agregou: ""Case mil persoas asistiron a un repleto Centro Comunitario de Camden para presenciar un escenario que mesturaba un discurso populista latinoamericano, unha reunión evanxélica e un partido de fútbol".

En páxinas interiores deste xornal inclúese unha columna de opinión que fai referencia ao presunto título honorario que lle outorgaría a Chávez a Universidade de Oxford.

"Isto basicamente non é verdade, pois as autoridades de Oxford dixeron que tal título non se entregou nin se entregará ao dirixente venezuelano", sinalou Guy Adams quen ademais citou a un portavoz do centro académico.

THE TIMES

O xornal conservador británico desprega medio corpo na súa segunda páxina do primeiro día do presidente venezolano en Londres, cunha crónica titulada: "Chávez non pode pintar a cidade de vermello en Camden".

"No comezo da súa controversial visita a Londres, Chávez tivo éxito en atraer a un ecléctico grupo de partidarios que incluía activistas contra as armas nucleares e contra a globalización, membros do Partido Socialista de Traballadores e ata algún manifestante palestino", sinala o artigo.

"O contido do seu discurso pareceu non ter o contido revolucionario que esperaba a súa audiencia, xa que non fixo mención de Tony Blair ou o goberno británico, a quen deliberadamente ignorou nesta visita", lese no que escribe Richard Beeston.

"O público debeu escoitar entretida como o presidente practicaba o seu inglés oxidado de escola primaria (...) logo retirouse ao Hotel Savoy para preparar o seu segundo día de vendaval en Londres", engadiu.

THE DAILY TELEGRAPH

Neste xornal ultra conservador británico, dáselle unha lixeira mención á visita, nunha columna de breves nacionais, que inclúe foto do mandatario.

Brevemente o xornal refírese ás advertencias emitidas por Chávez verbo do prezo petroleiro de producirse un ataque a Irán.

Con todo, non dedica máis que un pequeno espazo do seu contido a rexistrar o primeiro día en Londres do presidente venezuelano.


0/5 (0 votos)