Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O Morrazo

RSS de O Morrazo
SEGUEN OS INTENTOS PARA IMPEDIR A URBANIZACIÓN DO SALGUEIRÓN

O Foro Social segue a loitar por salvar Massó da especulación

Unha das asociacións que se agrupan no Foro presenta un recurso na Autoridade Portuaria de Vigo para solicitar a suspensión do outorgamento da concesión para porto deportivo no Salgueirón-Cangas.

- 16:24 05/05/2006
Tags:

O Foro Social de Cangas, a través dunha das súas asociacións, presentou un recurso de reposición ante a Autoridade Portuaria de Vigo solicitando a suspensión do outorgamento da concesión para porto deportivo no Salgueirón-Cangas.
Argumenta esa petición expondo que o concurso para a selección dunha oferta para dita concesión foi gañado por Frigoríficos del Morrazo S.A., mentras que a concesión, finalmente, se fixo a nome de Residencial Marina Atlántica S.A., empresa creada en xaneiro de 2004 que non acredita solvencia económica, financeira, técnica nin profesional. A concesión a un terceiro que non foi o adxudicatario do concurso público é unha fraude á lei de contratación pública.
O cambio de titularidade fora xustificado no seu día por un informe do abogado do estado Juan A. Sardina Paramo baseandose no artigo 71 da Ley de procedimento administrativo 30/92 e o artigo 1256 do Código Civil.
Estes son os artigos:

Artículo 71. Subsanación y mejora de la solicitud.

1. Si la solicitud de iniciación no reúne los requisitos que señala el artículo anterior y los exigidos, en su caso, por la legislación específica aplicable, se requerirá al interesado para que, en un plazo de diez días, subsane la falta o acompañe los documentos preceptivos, con indicación de que, si así no lo hiciera, se le tendrá por desistido de su petición, previa resolución que deberá ser dictada en los términos previstos en el artículo 42.

2. Siempre que no se trate de procedimientos selectivos o de concurrencia competitiva, este plazo podrá ser ampliado prudencialmente, hasta cinco días, a petición del interesado o iniciativa del órgano, cuando la aportación de los documentos requeridos presente dificultades especiales.

3. En los procedimientos iniciados a solicitud de los interesados, el órgano competente podrá recabar del solicitante la modificación o mejora voluntarias de los términos de aquélla. De ellos se levantará acta sucinta, que se incorporará al procedimiento.

Artículo 1256.

La validez y el cumplimiento de los contratos no pueden dejarse al arbitrio de uno de los contratantes.

Reclámase a Autoridade Portuaria de Vigo a paralización das obras según o artigo 111.2 da mesma ley 30/92.

Unha vez máis, O Foro Social pide a opinión pública apoio para impedir a impunidade dos que usan o seu posto na administración para favorecer intereses particulares, e máis cando está en xogo algo que é básico para moitas familias como é a nosa privilexiada e fraxil ría.


0/5 (0 votos)