Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AS CENTRAIS TÉRMICAS PASAN NUN 28% O ESTABLECIDO

As emisións das Pontes e Meirama fan superar a Galiza as cotas permitidas por Quioto

Ao longo de 2005, as emisións de gases contaminantes producidas en Galiza superaron nun 18% o total da cota permitida segundo os criterios do Protocolo de Quioto. Malia que na maioría de sectores industriais estas emisións non superaron os límites establecidos, o conxunto de CO2 expulsado polas chimeneas das centrais das Pontes e Meirama quedou un 28% por riba do que tiñan permitido. As factorías afrontan agora a necesidade de mercar cota para evitar as multas fixadas.

- 06:57 26/04/2006
Tags:

Meirama e As Pontes pecharon 2005 con balance de emisión respetivo de 1.4 e 1.2 millóns de toneladas de CO2 emitido á atmósfera. Eses datos supoñen conxuntamente un 28% máis do que se lles permitía atendendo aos criterios saídos do acordo internacional de Quioto para a redución da contaminación. Así e todo, o control das emisións no resto se sectores industriais galegos deixa ao noso país un 18% por riba do permitido, é dicir, 17.3 millóns de toneladas fronte a 14.6 que Galiza tiña asignadas. As factorías propiedade de Fenosa e Endesa deberán agora

O director xeral de Desenvolvemento Sustentábel, Emilio Fernández, recoñeceu que o proceso de adaptación das centrais aos novos criterios "non é fácil" e gabou que as dúas empresas iniciaran xa un proceso de transformación tecnolóxica que lles permitirá reducir significativamente as súas emisións deica o ano 2008, establecido como límite no calendario actual de redución de emisións. De paso, xustificou tamén o exceso contaminante das centrais na "restritiva cota" que se lles impuxera a nivel estatal e na necesidade de incrementaren a súa actividade o ano pasado debido a que a escaseza de choivas recurtou a produtividade das centrais hidroeléctricas.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: