Os Comités Abertos de Facultades (CAF) tamén teñen un candidato para o posto de reitor da USC. O 10 de maio xunto a Senén Barro e Juan Casares preséntase a reitor o popular personaxe da TVG, o Xabarín. Conta xa cun blog, percorrerá as facultades dos Campus de Santiago de Lugo para coñecer as necesidades do estudantado e móvese baixo o lema: "Máis bolsas, máis residencias, máis democracia, máis fuciños e máis cacheiras".