Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESPECTACULAR BALANCE DO 2005

Inditex incrementou as vendas nun 21 por cento o ano pasado

A multinacional do téxtil que comanda Amancio Ortega vén de dar a coñecer as contas do exercicio pasado cuns números que impresionan: aumentou as vendas un 21%, acadando os 6.741 millóns de euros; o beneficio neto un 26% até chegar aos 803 millóns de euros; creou 11.144 empregos netos -precisan que 3.884 no Estado-, sumando a 31 de xaneiro de 2006 un total de 58.190 traballadores. Este balance permitiralles ofrecer aos seus accionistas un dividendo de 67 céntimos por acción -un 40% máis có ano anterior- e investir entre 850 e 950 millóns de euros en aperturas de novas tendas. O grupo ten pensado continuar durante a centrar a súa expansión en Europa e en Asia-Pacífico, con incrementos de superficie nesta área por riba do dobre da media de crecemento de Inditex no resto do planeta. A finais de 2006 abrirán a primeira tenda en Corea. Poden ampliar na web de Inditex.

  • Anterior: Inditex retira milleiros de prendas Bershka que tiñan unha mezquita debuxada na etiqueta

- 13:11 29/03/2006
Tags:


0/5 (0 votos)