Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
[Billarda][Seleccións Galegas]

A Selección Galega de Billarda prepara o debú internacional

O pasado domingo, no campus coruñés da Zapateira, presentouse en sociedade a Selección Galega de Billarda, nun Partido das Estrelas que os protagonistas xulgaron "máxico. Non existen palabras". O Leste gañou 73-28 e foi o de menos. A primeira foto oficial fíxose na Torre de Hércules. Ás 14 horas, Leste e Oeste atopáronse no campus. Tele-Varal estivo alí para retransmitilo. O adestrador nacional, Fernando Veiga, anunciou ao remate do partido que, con vistas ao primeiro choque internacional da Selección Galega, contra Marrocos, Cuba ou Asturias, se preparen os palanadores e palanadoras de toda Galiza, pois "xa nada poderá deternos". Temos Liga e Selección.

- 12:28 04/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)