Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CON PREMIOS DE 1.500 EUROS

A Xunta promove un concurso de curtas na rede

Servir de escaparate de mostra para a creación galega, promover o audiovisual galego non profesional e usar internet como espazo para a creación e para a comunicación son os tres obxectivos principais que a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e o Consello da Xuventude de Galiza pretenden acadar coa convocatoria de Curtas na rede, un concurso destinado a xente nova -e non só- para que poña a súa creatividade audiovisual servizo de tres temas: a mocidade, a lingua e a comunicación, con curtametraxes que non excedan os 5 minutos de duración. Os premios son de 1.500 euros en cada unha das tres categorías temáticas e de idade, tal como se explica nas bases. Non é a primeira vez que as institución organizan un concurso de curtas na rede, e este ten o precedente do Ponte tonta, ponte tonto, outro concurso organizado anteriormente tamén polo Conxuga e do que se poden ver os resultados nesta páxina.

- 18:15 10/03/2006
Tags:


0/5 (0 votos)