Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PREDICANDO CO EXEMPLO

Quintana comeza a súa baixa por paternidade de 7 días

Ao remate do consello da Xunta de hoxe o Vicepresidente Anxo Quintana iniciou a baixa por paternidade que solicitara polo nacemento dos seus fillos Xabier e Lía o pasado 16 de febreiro. Quintana tardou unha semana -o que tardou a súa compañeira Cristina Cid en saír cos nenos do hospital- en acollerse a este permiso, que está legalmente establecido para os casos de partos múltiples nun máximo de dez días, dos que o vicepresidente da Xunta collerá un total de sete. Desta maneira predicará co exemplo xa que o permiso de paternidade é unha das medidas de fomento da corresponsabilidade de pais e nais no coidado dos fillos.

- 15:46 23/02/2006
Tags:

Segundo informa a Vicepresidencia, o obxectivo desta medida é que os pais se impliquen activamente na atención e coidado dos seus fillos. Esta medida resulta mais efectiva cando este permiso se colle a partir da chegada ao fogar dos novos membros da familia, polo que o vicepresidente agardou ata que foron dados de alta a súa compañeira e os seus fillos para coller os días de permiso coincidindo coa súa chegada ao domicilio familiar.

Quintana reincorporarase á súa actividade no Goberno galego o vindeiro xoves 2 de marzo.


0/5 (0 votos)