Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
PRESIDENCIAIS 2006

A bloguesfera lusa non quere a Cavaco

Nunhas eleccións presidenciais que teñen nesta primeira volta até seis candidatos diferentes, o rebumbio interneteiro para apoiar uns e outros non pode estar máis animado. Os blogueiros estanse aplicando a fondo no seguimento da campaña electoral e manifestando abertamente as súas filias e fobias. A maioría destas últimas son para Cavaco Silva, que por máis que queira achegarse á mocidade, non dá colleitado as súas simpatías, e así moitos blogs de referencia como Renas e Veados levan estes días un báner que pon Stop Cavaco e que en moitos casos levan a esta páxina. Manuel Alegre, o segundo (moi por abaixo) na pugna electoral é tamén o seguinte en seguimento blogueiro, aínda que o trato maioritario é a favor. Tamén os hai quen non están a favor de ningún e mesmo quen inventa un candidato estraño pero "honesto".

- 19:27 17/01/2006
Tags:

O candidato favorito nas sondaxes, Aníbal Cavaco Silva, é tamén o máis rexeitado pola comunidade blogueira, que lle ten dedicadas varias páxinas en contra. Pero na blogosfera veciña hai de todo ou case de todo (pouco atopamos dedicado ao candidato do Bloco de Esquerda, Francisco Louça, nin a Garcia Pereira). Velaquí algúns:

Anti-Cavaco


Pro-Cavaco
A favor de Alegre
A favor de Soares
A favor de Sousa


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: