Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Corenta aniversario da morte de Cabanillas

Hoxe cúmprense corenta anos do pasamento de Ramón Cabanillas, un dos nosos poetas máis comprometidos, e un dos poucos que escribiron na primeira metade do século XX case exclusivamente en galego. Emigrado coma tantos outros intelectuais galegos á Habana, desde os comezos amosou us discurso de alto contido político e de loita social. Non en van, Cabanillas converteuse, á sua volta a Galicia, na máis alta voz lírica do Movemento Agrario. Nesta páxina especial tedes a súa biografía, ligazóns e tres interesantes artigos sobre a súa obra a cargo de Manuel Forcadela, Xosé Manuel Millán Otero e de Francisco Fernández Rei.

- 13:53 09/11/1999
Tags:

Biografía


Ramón Cabanillas naceu o 3 de xuño de 1876 na vila de Fefiñáns, en Cambados. Marchou estudiar a Santiago, no Seminario de San Martiño Pinario, que abandonou aos dezasete anos para desempeñar funcións burocráticas, primeiro nunha notaría e logo no Concello de Cambados. Emigrou a Cuba no 1910, e alí na Habana foi contable e administrador do Teatro Nacional, propiedade do Centro Galego. De seguido tomou contacto con intelectuais galegos alá afincados como Antón Vilar Ponte ou Roberto Blanco Torres. Cando se crea a Academia Galega comeza a escribir na súa lingua natal.
O seu primeiro libro, No desterro, publícao en 1913 na capital cubana e leva prólogo de Basilio Álvarez, e nel xa se deixan ver poemas de loita anticaciquil. Logo escribe Vento Mareiro en 1915, unha obra chea de poesía social, lirismo sentimental e modernismo. Neste libro inclúese o himno de Acción Galega. Dous anos máis tarde, xa de volta en Galicia o poeta, sae do prelo Da terra asoballada.
En 1920 ingresa na Academia Gallega e 1929 acepta a cátedra de representante da Lingua Galega na Real Academia Española. Nesa etapa vivirá en Madrid, onde frecuenta tertulias con Castelao e con outros representantes do movemento galeguista. Logo de pasar un tempo no mosteiro de Samos regresa a Cambados, onde morre o 9 de novembro do 1959. Nese mesmo ano o Centro Galego de Bos Aires publica as obras completas do poeta, en recoñecemento á súa figura.

O divino desterro. A obra de Cabanillas vista polo filólogo e poeta Manuel Forcadela.

"Eu fixen versos como podía ter feito canastas", por Xosé Manuel Millán Otero.

O mar en Cabanillas, polo académico e investigador do ILG Francisco Fernández Rei, tamén de Cambados.


Ligazóns

  • Poemas seus en O Q do mundo, o servidor de poesía galega en liña, feito por Manuel Forcadela
  • Páxina adicada a Cabanillas na web da emigración galega no Uruguai.
  • Esta páxina de RiasBaixas.net ofrece unha pequena biografía dun dos máis senlleiros poetas do mar de Pontevedra.
  • Cabanillas non só foi poeta, senón tamén dramatrugo, con pezas como A Santiña ou O Mariscal. A súa obra dramática está recollida neste libro.


  • 0/5 (0 votos)


    Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: